Castro Leborereiro (Portugal)
Monterredondo
Crespos
Lordelo
Trado
Vilanova da Barca
Cortegada
Neste tramo do
Camiño, comezaremos un descenso por vías empedradas, entre pequenas e xenuínas aldeas dirección
Monterredondo, acompañarannos unhas vistas panorámicas asombrosas e unha natureza exuberante ata culminar esta etapa en
Cortegada.
Tramo 1: Castro Leborereiro (Portugal) - Monterredondo
- Lonxitude: 6,30 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 1h. 22 min.
Desde
Castro Leboreiro,
Portelinha e
Alcobaça entramos en Galicia (España) polo lugar da
Azoreira no Concello de Padrenda, desde o cal descende un camiño lousado entre muros ata a aldea de
Lapela. Desde aquí seguimos unha pista asfaltada en descenso ata chegar ao núcleo de
Monterredondo, coa súa igrexa parroquial.
Tramo 2: Monterredondo - Crespos
- Lonxitude: 3,30 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 0 h. 43 min.
Desde esta aldea, seguimos o camiño por pista asfaltada para virar á esquerda polo camiño de terra ascendente que nos levará á
capela de San Miguel, para comezar o descenso que nos achega a outra capela, a de
San Amaro, santo destinado a axudar e curar a camiñantes e peregrinos.
Tramo 3: Crespos - Lordelo
- Lonxitude: 4,00 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 0 h. 52 min.
Comezamos un pequeno ascenso que nos fará chegar á
capela da Virxe da Portela, a cal contén a
Cruz da Orde de San Xoán de Xerusalén, seguindo o camiño de terra chegaremos aldea de
Lordelo onde hai unha
capela dedicada a Santa Isabel.
Tramo 4: Lordelo - Trado
- Lonxitude: 4,90 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 1 h. 4 min.
Continuando o camiño, en parte lousado e en parte de terra chegaremos a punto estratéxico do roteiro,
A igrexa do Condado, neste lugar hai documentado a existencia dun hospital. Neste punto únese co ramal principal do camiño, o que vén de
Monção e
Melgaço (Portugal).
Saíndo desta aldea o camiño prosegue dirección á aldea de
A Carreira por un camiño lousado e de terra ata o pequeno núcleo de
A Espiña cun peto de ánimas nunha encrucillada de camiños. Desde este punto deixamos o concello de
Padrenda para penetrarnos no de
Pontedeva. Desde a última a aldea,
A Espiña, seguimos pola estrada OU-801 - OU-193 ata chegar ao polígono de Trado o cal baixa por un camiño de terra ata chegar á aldea de
Trado.
Tramo 5: Trado - Vilanova da Barca
- Lonxitude: 4,5 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 0 h. 52 min.
Cruzaremos a aldea de
Trado pola zona máis antiga ata chegar preto da igrexa parroquial. A partir de aquí vaise descendendo por un camiño de terra con algúns tramos lousados para chegar a
Ponte de Trado, ponte histórica que sufriu diversas reformas, unha vez cruzamos a ponte viramos á esquerda que nos leva por un camiño paralelo ao
río Deva ata un pontón, cruzarémolo e seguimos o camiño de terra que nos levará á aldea de
Vilanova da Barca.
Tramo 6: Vilanova da Barca - Cortegada
- Lonxitude: 3,3 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 0 h. 49 min.
Proseguimos pola pista asfaltada e viraremos á esquerda para coller unha pista de terra ata chegar ao novo
Balneario de Cortegada e desde alí ao centro da Vila pasando preto da igrexa. (
No seu interior hai unha talla de Santiago Peregrino).
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: