Unha vez cruzado este núcleo por estrada collemos desvío para Gaxín onde viramos á esquerda por camiño lousado e de terra, entre muros e duns 4 metros de ancho, ata chegar ao Ponte de Gomail, do século XIV. Despois de andar uns 200 metros baixamos por un camiño, empedrado con muros duns 3 metros de ancho e con apartadoiros ata un pontón de pedra que se cruza e por camiño con características semellantes chegamos á pista asfaltada que cruzamos por detrás do campo de fútbol para así chegar a Forcarei, onde podemos contemplar a súa igrexa parroquial e cruceiro.
Tramo 2: Forcarei - Salouzáns
Lonxitude: 13,20 Km.
Dificultade: Media
Duración estimada: 2 h. 52 min.
Unha vez pasado Forcarei collemos dirección a Chamosa e Salgueiro por pista asfaltada que deixamos nesta última aldea ata chegar á estrada na paraxe coñecida como As Casetas desde a que continuamos ata Leboso, Quintillán, con topónimo romano e cruceiro con pedestal con cunchas de vieira, ermida de San Amaro (outra máis) e Meavía cos topónimos Rúa e Cruceiro. Unha vez pasada esta aldea e en dirección noroeste, por pista asfaltada ao principio e de terra despois, chegamos a un alto coñecido como A Cruz do Coto, xa no linde co concello da Estrada. O camiño entra, por pista de terra ata a aldea de Castrelo de Arriba na parroquia de Pardemarín, coa súa igrexa parroquial, e seguindo o camiño chegaremos a Salouzáns.
Tramo 3: Salouzáns - O Foxo
Lonxitude: 4,10 Km.
Dificultade: Media
Duración estimada: 53 min.
Xa por pista asfaltada, ata a igrexa parroquial de Lamas, chégase a igrexa parroquial de Rubín que conserva nos seus muros tres estelas tardo-romanas e/ou paleocristiás o que demostra a antigüidade da contorna. Seguindo o camiño chegaremos a O Foxo no concello da Estrada.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.