Soutelo de Montes
Forcarei
Salouzáns
O Foxo
Deixamos atrás a localidade de
Soutelo de Montes e tomamos o desvío para
Gaxín, ata chegar á
ponte de Gomail. O camiño atravesa as impresionantes paisaxes ata culminar esta etapa no
Foxo -
A Estrada.
Tramo 1: Soutelo de Montes - Forcarei
- Lonxitude: 10,20 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 2 h. 13 min.
Unha vez cruzado este núcleo por estrada collemos desvío para
Gaxín onde viramos á esquerda por camiño lousado e de terra, entre muros e duns 4 metros de ancho, ata chegar ao
Ponte de Gomail, do século XIV. Despois de andar uns 200 metros baixamos por un camiño, empedrado con muros duns 3 metros de ancho e con apartadoiros ata un pontón de pedra que se cruza e por camiño con características semellantes chegamos á pista asfaltada que cruzamos por detrás do campo de fútbol para así chegar a
Forcarei, onde podemos contemplar a súa igrexa parroquial e cruceiro.
Tramo 2: Forcarei - Salouzáns
- Lonxitude: 13,20 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 2 h. 52 min.
Unha vez pasado
Forcarei collemos dirección a
Chamosa e
Salgueiro por pista asfaltada que deixamos nesta última aldea ata chegar á estrada na paraxe coñecida como
As Casetas desde a que continuamos ata
Leboso,
Quintillán, con topónimo romano e cruceiro con pedestal con cunchas de vieira,
ermida de San Amaro (outra máis) e
Meavía cos topónimos
Rúa e
Cruceiro. Unha vez pasada esta aldea e en dirección noroeste, por pista asfaltada ao principio e de terra despois, chegamos a un alto coñecido como
A Cruz do Coto, xa no linde co concello da Estrada. O camiño entra, por pista de terra ata a aldea de
Castrelo de Arriba na parroquia de Pardemarín, coa súa igrexa parroquial, e seguindo o camiño chegaremos a
Salouzáns.
Tramo 3: Salouzáns - O Foxo
- Lonxitude: 4,10 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 53 min.
Xa por pista asfaltada, ata a
igrexa parroquial de Lamas, chégase a
igrexa parroquial de Rubín que conserva nos seus muros tres estelas tardo-romanas e/ou paleocristiás o que demostra a antigüidade da contorna. Seguindo o camiño chegaremos a
O Foxo no concello da
Estrada.
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: