Desde Portela do Home accédese a Galicia a través do paso fronteirizo, que une Terras de Bouro (Portugal) con Lobios (Galicia-España).
Tramo 1: Portela de Home - Vilameá
Lonxitude: 8,10 Km.
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 1h. 45 min.
Deixamos Portela do Home e seguimos pola calzada romana, onde chegaremos a un conxunto de miliarios no lugar da Ponte Nova, continuamos o percorrido e atoparémonos cos restos arqueolóxicos da mansión romana Aquis Originis, o camiño levaranos dirección Vilameá, camiño no que atoparemos un fermoso cruceiro do século XVI.
Tramo 2: Vilameá - Lobios
Lonxitude: 4,70 Km.
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 1h. 1 min.
Saíndo de Vilameá cruzaremos unha ponte histórica e varios muíños de auga restaurados para proseguir ata a paraxe de Portela de María e dirección LOBIOS.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.